Malcolm Guthrie
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1903 Hove, Reino Unido (pt) |
Morte | 22 de novembro de 1972 (69 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, profesor universitario |
Empregador | Escola de estudos orientais e africanos |
Descrito pola fonte | Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:1) |
Malcolm Guthrie, nado en Hove (East Sussex) o 10 de febreiro de 1903 e finado o 22 de novembro de 1972, foi un profesor e lingüista inglés especializado nas linguas bantús.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pai escocés e nai neerlandesa, é coñecido principalmente pola súa clasificación das linguas bantús, que, malia estar baseada máis en criterios xeográficos ca lingüísticos, segue a ser a máis usada na actualidade.
O seu traballo máis importante foi Comparative Bantu, publicado en catro volumes entre os anos 1967 (volume 1), 1970 (volumes 3 e 4) e 1971 (volume 2). Os catro volumes non só proporcionan unha clasificación xenética, senón tamén unha reconstrución do proto-bantú como a proto-lingua da familia das linguas bantús. Para a súa reconstrución, Guthrie tirou a información de 28 linguas escollidas máis ou menos ao chou. Tense criticado que a arbitrariedade da escolla fai que a reconstrución non sexa fiable, posto que as formas reconstruídas e, por tanto, a árbore xenealóxica, serían diferentes se mudásemos a selección de linguas.
Guthrie tamén publicou moitos traballos sobre unha ampla variedade de linguas bantús, entre as que están o lingala, o bemba, o mfinu e máis o teke.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The classification of the Bantu languages (1948). Londres: Oxford University Press for the International African Institute.
- Comparative Bantu: an introduction to the comparative linguistics and prehistory of the Bantu languages (1967-71). 4 vols. Farnborough: Gregg Press.
- Möhlig, Wilhelm J.G. (1974) ‘Guthries Beitrag zur Bantuistik aus heutiger Sicht’, Anthropos, 71, 673-715.